Se han encontrado 40 productos que coinciden con su búsqueda de xerais en tiendas de 1:
-
Ed. Xerais Xoa
Proveedor: Agapea.com Precio: 13.77 € (+2.95 €)Libro: Xoa (978-84-9914-164-0) de Antonio Yáñez Casal ,, Rodrigo Chao Blanco (Ed. Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con dozura. Todos coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedeiros escollidos para a ocasión. 0
-
Ed. Xerais Vidas Post-it
Proveedor: Agapea.com Precio: 18.52 €Libro: Vidas post-it (978-84-9914-181-7) de Zúñiga, Iolanda (Ed. Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Extranjera .. Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida. 0
-
Edicións Xerais 831-urb
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.30 € (+2.95 €)Libro: 831-Urb (978-84-11-10485-2) de Lopez Rodríguez, Manuel (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. 831-urb é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. 0
-
Edicións Xerais Un Can
Proveedor: Agapea.com Precio: 10.93 € (+2.95 €)Libro: Un can (978-84-9121-806-7) de Vázquez, Alberto, El Hematocrítico, Vázquez, Alberto (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. Moncho é un can, aínda que algúns non queiran recoñecelo. Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente. 0
-
Edicións Xerais Nós Nus
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.82 € (+2.95 €)Libro: Nós nus (978-84-9121-912-5) de Novo, Olga (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Nós nus, é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba. 0
-
Ed. Xerais Todo é Silencio
Proveedor: Agapea.com Precio: 19.90 €Libro: Todo é silencio (978-84-9914-169-5) de Rivas, Manuel (Ed. Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Novela Negra .. Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana. 0
-
Edicións Xerais Nus
Proveedor: Agapea.com Precio: 20.86 €Libro: Nus (978-84-9121-821-0) de Gago Mariño, Manuel (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en Nus un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro. 0
-
Edicións Xerais 15.724
Proveedor: Agapea.com Precio: 19.90 €Libro: 15.724 (978-84-9914-363-7) de Constela, Xesús (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria asentada no lombo dunha ave durmida que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira. A través dunha narrativa distanciada que nos amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos, imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia. En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo. A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles. E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas. Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán? 0
-
Edicións Xerais Todo O Que Doe
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.30 € (+2.95 €)Libro: Todo o que doe (978-84-11-10562-0) de Caramés Gorgal, María Carmen (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazón unha ferida aberta que non estiña nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rúas que nos acollesen sen censurarnos. 0
-
Edicións Xerais Tac Tac Tac
Proveedor: Agapea.com Precio: 31.30 €Libro: Tac tac tac (978-84-11-10228-5) de Toro, Suso de, Rivas, Manuel, Mayoral, Marina, Docampo, Xabier P., Ledo Andión, Margarita, Queipo, Xavier (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Literatura en Otros Idiomas .Novela y Narrativa en otros idiomas .. "Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro. "Tac Tac Tac", publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos "a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta". Un libro fetiche, un libro único. 0
-
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Dicionario Xerais Da Lingua
Proveedor: Agapea.com Precio: 42.74 €Libro: Dicionario Xerais da Lingua (2004) (978-84-9782-265-7) de Hermida Gulías, Carme, Carballeira Anllo, Xosé María, Carballeira Anllo, Xosé María (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Libros de Texto .Otros Libros de Texto .Diccionarios .. O Dicionario Xerais da Lingua, publicado en 1986, supuxo -dende as súas catro edicións e múltiples reimpresións- un avance enorme na lexicografía galega contemporánea. O novo Dicionario Xerais da Lingua é un instrumento de traballo e apoio ó estudiante de ensino secundario -ou para calquera outro usuario da lingua, na medida en que actualiza e incorpora o léxico que ó longo destes anos se foi fixando dentro do estándar. 0
-
Edicións Xerais O Xiro
Proveedor: Agapea.com Precio: 13.77 € (+2.95 €)Libro: O xiro (978-84-9121-457-1) de Gómez, Noelia (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade. O xiro é o primeiro poemario dunha autora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra. ANTíA OTERO 0
-
Edicións Xerais O Mar Que Nos Leva
Proveedor: Agapea.com Precio: 18.00 € (+2.95 €)Libro: O mar que nos leva (978-84-9121-451-9) de Fuentes Arias, Moncha (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios físicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingístico brillante. Nun momento crítico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e políticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuíño de sensacións e intensas vivencias. 0
-
Edicións Xerais Lúa Nova
Proveedor: Agapea.com Precio: 16.63 € (+2.95 €)Libro: Lúa Nova (978-84-11-10112-7) de Montero, Irene (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro... Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo. Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e a relatividade do propio termo. En Lúa Nova proponse unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa. 0
-
Edicións Xerais Idol!
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.82 € (+2.95 €)Libro: Idol! (978-84-11-10537-8) de Chan, Alba, Ene (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Otros .. Vega e ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en Idol!, un talent show onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado. A Vega, a súa familia púxolle como condición manter a media de sobresaliente no instituto. ámbar, pola súa banda, ten que enfrontarse a unha realidade moi diferente: os seus pais non lle dedican a atención que precisa e non acaba de encaixar no molde das Idol como lle gustaría. 0
-
Edicións Xerais Os Mil E Un Días
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.30 € (+2.95 €)Libro: Os mil e un días (978-84-11-10388-6) de Villar Alonso, Carmen (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Os mil e un días é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía. 0
-
Edicións Xerais Nave
Proveedor: Agapea.com Precio: 12.82 € (+2.95 €)Libro: Nave (978-84-11-10525-5) de Sendón, Olaia (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .. Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. 0
-
Edicións Xerais Uxía E O Mar
Proveedor: Agapea.com Precio: 14.72 € (+2.95 €)Libro: Uxía e o mar (978-84-11-10552-1) de Merlán, Paula (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Otros .. Uxía tiña un soño grande, moi grande... Xigante! Ver o mar. 0
-
Edicións Xerais A Casa Do Amo
Proveedor: Agapea.com Precio: 18.00 € (+2.95 €)Libro: A casa do amo (978-84-11-10472-2) de álvarez Lugrís, Alberto ... [et al.], Luna Alonso, Ana, Reimóndez, María (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Otros .. A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo. A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás ferramentas do amo. Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. é tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela. 0
-
Edicións Xerais Máis Que Ver
Proveedor: Agapea.com Precio: 18.00 € (+2.95 €)Libro: Máis que ver (978-84-9121-426-7) de Pérez Barro, Xosé María (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Artes Gráficas .. Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado. Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual, cen tixolos cos que axudar a levantar a historia da profesión na Galiza. 0
0 resultados en 1 segundo
Términos de búsqueda relacionados
© Copyright 2024 shopping.eu